Túnel

A mellor opción “calidade-prezo”. Esta estrutura, no seu ancho de 5,10 m, está pensada para pequenas leiras. Gran resistencia mesmo en zonas de moito vento, e con posibilidade de frontais de elevar que melloran o acceso e a ventilación.
A mellor opción “calidade-prezo”. Esta estrutura, no seu ancho de 5,10 m, está pensada para pequenas leiras. Gran resistencia mesmo en zonas de moito vento, e con posibilidade de frontais de elevar que melloran o acceso e a ventilación.
Este modelo queda a medio camiño entre un Minitúnel e un Túnel. Invernadoiro moi completo que aproveita ao máximo o terreo grazas ás paredes rectas e non renuncia ás vantaxes que nos achega o frontal elevable.
O noso invernadoiro máis pequeno, destinado a xardíns ou espazos limitados. Con paredes rectas para o máximo aproveitamento da superficie e xanelas frontais na zona da media lúa.
Son estruturas de lados rectos e teito curvo, adáptanse a todo tipo de terreos e cultivos, a súa forma redondeada resiste mellor a forza do vento
Destinado á produción agrícola onde a estrutura vaia ser sometida a grandes cargas ademais de esixir certos coidados e condicións ambientais para o cultivo
Estrutura que deixa ao carón os arcos curvos para dar lugar a unha estrutura a dúas augas cunha cuberta totalmente plana que admite recubrimento ríxidos.
Estes invernadoiros destacan pola súa sinxeleza, tanto na montaxe como na estrutura, pola gran versatilidade que ofrecen para adaptarse ao tipo de cultivo.
O invernadoiro Capela de vidro de FERTRI caracterízase pola súa estrutura a dúas augas. Está reforzado por cerchas que conforman os planos inclinados do teito.
Trátase dunha estrutura similar ao invernadoiro gótico pero máis lixeira, para facelo máis resistente ao vento refórzase con pé de amigo
Pensadas para cultivos a gran escala en zonas con climas cálidos
Invernadoiro ideal para protexer o cultivo das inclemencias do tempo; permite minimizar os efectos negativos do vento, auga de choiva e radiación solar sen illar por completo a plantación.