Almacéns

Os Almacéns de FERTRI son estruturas tipo invernadoiro cubertas cun material ríxido: policarbonato, chapa ou panel sándwich. Tamén é posible con plástico opaco.

Este tipo de construcións son ideais para almacenar maquinaria, ferramenta, forraxe para o gando ou calquera tipo de elemento que sexa necesario ter anexo ao invernadoiro. A estrutura modular e de fácil montaxe é a solución perfecta á hora de optimizar o espazo.

  • Optimización do espazo
  • Fácil montaxe
  • Uso agropecuario
  • Resistente
  • Cuberta ríxida
  • Adaptable ao terreo

Resistencia e Durabilidade

Estrutura moi resistente, desenvolvida especificamente as condicións máis esixentes e especiais.

Sen Mantemento

Non necesita mantemento grazas á calidade dos materiais empregados, e o coidado nos acabados finais.

Adaptabilidade

A estrutura adáptase facilmente tanto ao terreo e as súas características, como ao produto para almacenar.

Ventilación efectiva

O deseño da estrutura admite varios tipos de ventilación cenital e lateral.

Cuberta Ríxida

Ao aumentar o número de correas favorécese a resistencia da estrutura.

Durabilidade da cuberta

Os materiais de longa durabilidade soportan as inclemencias do tempo sen que se deterioren.

Galería de imaxes

Pulsa nas imaxes para ampliar.

Interésame este modelo de produto

Se che interesa este produto, non dubides en chamarnos ou en deixarnos os teus datos de contacto, poñerémonos en contacto contigo o máis breve posible.