Gótico
O invernadoiro GÓTICO de FERTRI, estruturalmente é similar ao multitúnel coa diferenza de que o teito está formado con arcos de tipo gótico, permitindo montar naves máis anchas, altas e robustas. Ao obter maior luminosidade, maior volume de aire, mellor ventilación e máis espazo útil no interior, optimízase a produción.
- Soporta grandes cargas de cultivo
- Gran volume de aire
- Cultivo profesional
- Grandes superficies de plantación
- Mellor control ambiental
- Máis espazo útil

Formato oxival
Maior altura que se transmite en maior volume, proporcionando así mais dispoñibilidade de CO2 para a planta

Inclinación Arco
A pendente minimiza a superficie de goteo sobre o cultivo e favorece a evacuación da condensación

Control medioambiental
Con maior volume de aire e a forma de arco, o cambio da temperatura é máis suave e o control máis preciso

Maior Luminosidade
A forma de arco e as cubertas empregadas permiten unha penetración máxima da luz

Ventilación efectiva
O deseño da estrutura admite varios tipos de ventilación cenital, lateral e frontal

Gran altura interior
A altura de traballo permite colocar pantalla térmica, malla de sombreo e rega por aspersión
Galería de imaxes
Pulsa nas imaxes para ampliar.
Interésame este modelo de invernadoiro
Se che interesa este modelo, non dubides en chamarnos ou en deixarnos os teus datos de contacto, poñerémonos en contacto contigo o máis breve posible.