Mesas móbiles

A bandexa superior da mesa é móbil, desprázase lateralmente en ambos os sentidos permitindo crear corredores de acceso entre as mesas. Desta forma, podemos incrementar o espazo útil de produción.
A bandexa está composta por perfís frontais e laterais fabricados en aluminio de formato especial “FERTRI” de gran resistencia, e de barrotes de asento dos fondos do mesmo material. Tamén ten Esquinales de PVC e Unións de perfís laterais de aceiro inoxidable, así como todos os accesorios precisos para a súa montaxe.
A estrutura inferior está composta por Cabaletes fabricados en perfís de Aluminio, Barras niveladoras en tubo rectangular de Aluminio, Cruces en todos os vans de tubo de aceiro galvanizado Sendzimir Z-275, Espárragos de nivelación, Grampas de seguridade antivuelco, Eixo lonxitudinal de aceiro galvanizado Sendzimir Z-275 e os accesorios precisos para a súa montaxe.
- Gran variedade de medidas, configúraa ao teu gusto.
- Anchos Estándar: 1m, 1,20m, 1,50m, 1,80m, 2m
- Elixe o longo que ti queiras
- Dúas opcións de fondo:
- Reixa Metálica
- Fondo de Plástico para Riego por Inundación
- Altas calidades, a maior durabilidade do mercado
- Estrutura de Aluminio: Non se oxida, Pesa pouco, Excelente Resistencia
- Pódela cubrir con arcos e plástico

Galería de imaxes
Pulsa nas imaxes para ampliar.
Interésame este modelo de mesa
Se che interesa este modelo, non dubides en chamarnos ou en deixarnos os teus datos de contacto, poñerémonos en contacto contigo o máis breve posible.