Multitúnel
O invernadoiro MULTITÚNEL de FERTRI é unha estrutura de paredes rectas e teito curvo. Adáptase a todo tipo de terreos e cultivos. A súa forma redondeada resiste mellor a forza do vento. Estruturalmente permite unir dous ou máis naves aforrando a distancia de separación necesaria entre túneles convencionais. Admite diferentes tipos de recubrimento, ventilación e equipamentos auxiliares.
- Moi resistente ao vento
- Ideal para climas moderados
- Cultivo profesional
- Grandes superficies de cultivo
- Optimización do espazo
- Mellor control ambiental

Arco redondeado
A forma dos arcos fai a estrutura máis aerodinámica e por tanto máis resistente para os efectos do vento.

Redución de sombras
A curva que forma o arco reduce a altura polo que a sombra que se produce entre naves é menor.

Control climático natural
O deseño da estrutura permite un maior de volume de aire no interior que favorece o control da temperatura de forma natural.

Maior luminosidade
A forma do arco e as cubertas empregadas permiten unha penetración máxima da luz.

Ventilación efectiva
O deseño da estrutura admite varios tipos de ventilación cenital, lateral e frontal.

Gran altura interior
A altura de traballo permite colocar pantalla térmica, malla de sombreo e rega por aspersión.
Galería de imaxes
Pulsa nas imaxes para ampliar.
Interésame este modelo de invernadoiro
Se che interesa este modelo, non dubides en chamarnos ou en deixarnos os teus datos de contacto, poñerémonos en contacto contigo o máis breve posible.