Fabricación e montaxe de invernadoiros e estruturas agrícolas

Durante máis de 50 anos adaptámonos ás novas necesidades dos nosos clientes construíndo estruturas para diferentes cultivos optimizando o seu rendemento. Nuestra ampla e versátil gama de produtos capacítanos para solucionar calquera situación que se nos presente, unha característica que xorde do traballo propio de desenvolvemento e innovación.

Desde o deseño ata a montaxe final

Encargámonos da execución de cada un dos pasos do proxecto, desde o deseño da estrutura ata a montaxe. Os nosos produtos están fabricados seguindo estritos estándares de calidade, coa finalidade de manter a nosa filosofía: a satisfacción dos nosos clientes.

Historia da empresa

Descobre a través desta liña de tempo os feitos máis destacados ao longo da nosa historia.

1970
Nace Talleres Fernández y Trigo , actividade principal de cerraxería e calderería
1976
Empézanse a comercializar os primeiros invernadoiros tipo túnel
1980
Fabricación do primeiro invernadoiro multitúnel de paredes rectas
1986
Fabrícase o primeiro invernadoiro cuberto de vidro
1997
Manuel Fernández pasa a ser o único socio da empresa
2000
A empresa pasa a chamarse Invernaderos Fertri S.L.
2001
Construción da primeira nave exclusiva para fabricación
2002
Desenvólvese o novo modelo gótico ojival
2003
Salto ao mercado internacional
2009
Construción de novas instalacións no Polígono Industrial
2014
Empézase a usar o arco oval, que permite crear modelos de gran anchura
2019
Lánzase ao mercado o modelo multicapilla con cuberta a dúas augas
2022
Sae á venda o invernadoiro túnel paredes rectas de 4 m e 6 m de ancho

A nosa misión e valores

MISIÓN. Deseñar e fabricar invernadoiros e estruturas agrícolas dando solucións a clientes de todo o mundo.

COMPROMISO. Estamos comprometidos co traballo en equipo co fin de gañar e conservar a confianza dos nosos clientes, sinal de identidade da nosa empresa.

ADAPTABILIDADE. Escoitamos activamente aos nosos clientes para adaptar as nosas estruturas ás súas necesidades e mellorar de forma continua os nosos produtos.

MENTE ABERTA. A nosa produción está orientada ao espazo internacional, que implica a adaptabilidade a novas culturas, innovar os nosos produtos en función dos requisitos do mercado e comprender as inquietudes dos diferentes clientes ao redor do mundo.

COOPERACIÓN. Mantemos unha estreita relación de confianza cos nosos provedores de forma que poidamos garantir a mellor solución.

Calidade

Dispoñemos dunhas novas e modernas instalacións dotadas da mellor tecnoloxía para a fabricación de todas as pezas metálicas das nosas estruturas. Feito que nos dá a oportunidade de realizar estritos controis de calidade de todos os produtos que saen da nosa empresa, sempre baixo as directivas europeas vixentes.